Premio Fundación Clínica Pardiñas

Esta nova tempada 2019/20 continuamos coas votacións para premiar ao mellor xogador do deportivo da Coruña, unha idea incentivada pola nosa Fundación Clínica Pardiñas que leva celebrándose da man de Riazor. org xa 13 anos co fin de obter unha maior visibilidade nas tarefas diarias que realiza a nosa Fundación e poder chegar, así, a todas aquelas persoas que necesiten do noso servizo solidario.
O Premio Fundación Clínica Pardiñas é un recoñecemento que se outorga cada tempada ao mellor xogador do persoal herculino, segundo os votos obtidos polos participantes que desexan expresar a súa opinión a través dunha enquisa pública na páxina web.
Para participar nesta décimo terceira edición dos Premios Fundación Clínica Pardiñas os afeccionados deberán votar ao mellor xogador que consideren da xornada de fútbol e, aquel que máis votacións acumulea o longo da tempada, recibirá o galardón.

Ademais, todos os usuarios que participen co seu voto e doazón de 1€ para financiar tratamento odontolóxicos e dentais para as persoas máis necesitadas, poderán entrar a formar parte do sorteo organizado pola Fundación e ter a oportunidade de gañar balóns. bufandas e camisetas asinadas polos xogadores do persoal herculino.
Se desexas obter máis información acerca das bases do concurso e do premio podes consultar esta dirección web que che facilitamos: https://www.riazor.org/depor/premio-fundacion-clinica-pardinas/

Compártao